Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.103

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (2/1996-04).

Fco. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Faigo saber: que nos autos de xuízo executivo seguido ante este xulgado co número 2/1996, promovido por Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra a entidade Iberepox, S.A. e outros, sobre reclamación de cantidade de 3.579.734 pesetas de principal e mais 1.600.000 pesetas para xuros e gastos; e dado que a entidade demandada se atopa en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítase a dita demandada, co fin de que, no termo improrrogable de nove días, compareza nestes autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoña á execución se lle conviñese, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría á súa disposición; e apercíboa de que, de non comparecer, será declarada en rebeldía, e seguirá o preito o seu curso, sen volvela citar nin facerlle outras notificacións, só as que expresamente determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo do dereito de propiedade, traspaso ou de calquera outra natureza que ostente sobre a nave industrial, sita na vía Edison 54-A, polígono industrial do Tambre (Santiago de Compostela).

E para que conste e lle sirva de citación en legal forma á demandada en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

2219