Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.103

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (34/1996-05).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo en autos de proceso de cognición que se seguen neste xulgado co número 34/1996, a pedimento de Gasolina, Lubrificantes, Repuesto, S.A. (Galuresa), representada pola procuradora Losada Gómez, sobre reclamación de cantidade, pola presente cédula emprázase a demandada Serli, S.L., con CIF B-15350887, con domicilio no polígono do Tambre, cidade do transporte, nave 36, Santiago de Compostela, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de nove días compareza en autos, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de recaeren sobre ela os demais prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma á citada demandada Serli, S.L., á que se lle fai saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

1664