Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.098

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de marzo de 1996 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, convocados por Orde do 8 de xuño de 1994.

Por ordes do 10 de marzo e do 10 de outubro de 1995 (DOG do 15 de marzo e do 24 de outubro respectivamente) nomeáronse funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, pro

fesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de xuño de 1994.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10) os opositores relacionados na Orde do 7 de febreiro de 1995 (DOG do 15).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

2312