Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996 pola que se convocan tres cursos sobre a reforma do Código Penal dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e ós membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de 3 cursos sobre a reforma do Código penal, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

-Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivos actualiza-los policías no coñecemento do Código penal.

-Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

-Prazas.

O número de prazas que se ofertan para cada curso será de 50.

-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas, nas seguintes datas:

Primeiro curso: o día 15 de abril.

Segundo curso: o día 13 de maio.

Terceiro curso: o día 3 de xuño.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas, será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito suporá a non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Contido e duración.

Os cursos celebraranse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

Parte xeral:

Principios básicos inspiradores da reforma.

Delictos e penas. As medidas de seguridade.

Período transitorio.

Parte especial:

1. A protección da vida e a integridade física.

2. Os delictos contra a liberdade (referencia especial ós delictos relacionados coa liberdade sexual).

3. Os delictos contra o dereito ó honor, a intimidade, a propia imaxe ou a dignidade humana relacionados coa difusión de ideas, opinións ou información.

4. Os delictos relacionados coa actividade dos funcionarios públicos.

5. Os delictos contra o medio ambiente e a seguridade colectiva.

6. Os delictos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

7. Os delictos relacionados coa seguridade do tráfico (conducción temeraria, negativa do conductor a realiza-la proba de alcoholemia e conducción baixo os efectos de drogas e alcohol).

-Profesorado.

Os cursos serán impartidos polos profesores do departamento de Dereito penal da Universidade de Santiago.

-Datas.

Os cursos celebraranse nas seguintes datas:

Primeiro curso: do 22 ó 26 de abril.

Segundo curso: do 27 ó 31 de maio.

Terceiro curso: do 24 ó 28 de xuño.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase nas seguintes datas:

Primeiro curso: o día 17 de abril.

Segundo curso: o día 15 de maio.

Terceiro curso: o día 10 de xuño.

Esta relación publicarase no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981)56 34 00.

-Lugar.

Os cursos desenvolveranse no salón de actos da Dirección Xeral de Seguridade, sita na rúa Roma s/n en Santiago de Compostela (Sede da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia).

-Certificado de asistencia.

Ó remate dos cursos entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da dura

superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, suporá a non expedición do certificado.

-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modificá-lo desenvolvemento dos cursos para adapta-los

ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

2248