Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, licoreiras e sidreiras e o seu comercio.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, licoreiras e sidreiras e o seu comercio, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25 de xaneiro de 1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios Distribuidores e Embotelladores de Bebidas, e, da parte social, por Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras, o día 22-1-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro e rexistro de convenios colectivos de traballo obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta da comisión deliberadora do convenio colectivo de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña

Asistentes:

Pola representación empresarial: Víctor Robla Carreiras.

Polo sindicato UGT: Ánxeles Lendoiro Sánchez, Roberto Ferreño Otero, José Ramón Grela Castro.

Polo sindicato CC.OO.: Carlos Villar Cures.

Na Coruña o vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, sendo as 12 horas, reúnense nos locais do sindicato UGT as persoas indicadas, como membros da comisión deliberadora para a revisión salarial do convenio colectivo de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña, recoñecéndose mutuamente as respectivas representacións e lexitimándose reciprocamente.

Aberto o acto procédese á lectura do artigo 22, parágrafo 3, do vixente convenio colectivo e que é do teor literal seguinte:

«O incremento salarial para 1996 será igual en porcentaxe ó que se tome como IPC previsto polo Goberno para 1996».

O dito IPC cífrase no 3,5%, polo que tras deliberar sobre o particular, ámbalas representacións acordan, unanimemente, aplica-la dita porcentaxe de incremento ás táboas do actual convenio, pasando a fixar como novas táboas as que figuran como anexo I a esta acta, e que terán vigor desde o 1-1-1996 ata o 31-12-1996.

Como se establece no artigo 22, parágrafo 4, do vixente convenio colectivo «No caso de que o IPC real para este ano resultase superior ó previsto, na mesma porcentaxe do dito exceso, revisaranse os salarios con efectos do 1 de xaneiro de 1996, servindo de base os novos salarios así establecidos para determina-los correspondentes ós vindeiros anos».

Por último, e dado que existe conformidade no contido desta acta, ámbalas partes dan por rematada a reunión, levantando a sesión as 13 horas do día indicado no encabezamento, de todo o cal se levanta a presente acta, que asinan tódolos asistentes.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS DO CONVENIO DE INDUSTRIAS VINÍCOLAS 1996

CategoríasSalario

mensual

Salario

anual

Grupo A

Técnicos:

Xefe superior

195.1152.829.360

1º Técnico titulado

Titulado superior

175.6032.556.192
Titulado medio156.0952.283.080
Titulado inferior124.8751.846.000

2º Técnico non titulado

Engdo. Xral. bodega

136.5842.009.926
Engdo. laboratorio109.2641.627.446
Axudante laboratorio93.6571.408.948
Auxiliar laboratorio85.8511.299.664

Grupo B

Administrativos:

Xefe superior

195.1152.829.360
Xefe de primeira156.0952.283.080
Xefe de segunda136.5842.009.926
Oficial primeira101.4601.518.190
Oficial segunda93.6571.408.948
Auxiliar85.8511.299.664

Aspirantes:

De 16 a 17 anos

66.3401.026.510

Grupo C

Comerciais:

Xefe superior

195.1152.829.360
Xefe de vendas117.0711.736.744
Inspector de vendas105.3641.572.846

CategoríasSalario

mensual

Salario

anual

Corredor en praza97.5571.463.548
Viaxante97.5571.463.548

Grupo D

Subalternos:

Conserxe

91.2861.375.754
Subalterno 1ª86.9401.314.910
Subalterno 2ª84.4071.279.448
Subalterno auxiliar81.9491.245.036

Botóns e recadeiros:

De 16 a 17 anos

62.436971.854
Persoal limpeza78.0461.190.394
Persoal limpeza/hora324

CategoríasSalario

día

Salario

anual

Grupo E

Obreiros:

1º Profesional oficio:

Capataz de bodega

3.3431.521.868
Engdo. de sección3.2141.466.914
Oficial 1ª3.0851.411.960
Oficial 2ª2.9561.357.006
Oficial 3ª2.7041.249.654

2º Oficios auxiliares:

Oficial 1ª

3.0851.411.960
Oficial 2ª2.9561.357.006
Peón especializado2.7041.249.654
Peón2.6611.231.336
Pinche 16 a 17 anos2.2611.060.936

Antigüidade (valor bienio): 3.966.

Gratificación patronal sector: 44.061.

Plus asistencia (valor diario): 391.

2265