Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ACORDO do 2 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da corrección de erros referente á empresa Sociedad Anónima de Bebidas Carbónicas.

Advertido erro na resolución de data 11 de decembro de 1995, do convenio colectivo provincial para a empresa Socidad Anónima de Bebidas Carbónicas, publicado no DOG nº 17, do 24-1-1996, dado que nela consta como nome da empresa Sociedad Anónima de Bebidas Refrescantes, esta delegación provincial en uso das súa facultades conferidas polo artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

ACORDA:

Dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte corrección de erros do convenio colectivo antes referido, na seguinte forma: onde di «Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Sociedad Anónima de Bebidas Refrescantes», debe dicir «Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Sociedad Anónima de Bebidas Carbónicas».

Vigo, 2 de febreiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

9600939