Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.084

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1996 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 1 de marzo de 1996, da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 52, do 13 de marzo) e o establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 15 de marzo de 1996, no salón sito na última planta do edificio da Consellería da Presidencia e Administración Pública de San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia do director xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó qeu se alude a citada resolución. Conforme o resultado do disto sorteo a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 1996, comezará por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra Z.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9602505