Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.053

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo Financiera Maderera, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-2-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa o día 20-1-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la sua inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta de acordo da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para o ano 1995

Sendo as 12.30 horas do día 20 de xaneiro de 1996, nos locais de Financiera Maderera, S.A., en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que se relacionan a seguir, integrantes da comisión paritaria do convenio de empresa de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para os seus centros de traballo de Pontecesures e Santiago de Compostela, co obxecto de alcanzar un acordo sobre regularización dos conceptos económicos do ano 1995, de acordo co establecido no convenio da empresa que, con vixencia ata o 31 de decembro de 1995, foi subscrito por ámbalas partes con data 28-10-1994.

Parte social:

Por UGT:

Álvaro Gabino Lois Fernández, DNI nº 33.239.000.

Manuel García Pereira, DNI nº 33.227.507.

Por CC.OO.:

Antonio Botana Iglesias, DNI nº 33.235.150.

Serafín Buceta Cascallar, DNI nº 33.221.843.

Parte empresarial:

Ángel Ramos García, DNI nº 13.674.362.

Eladio Nogueiras González, DNI nº 34.902.733.

Ramón Vázquez Lista, DNI nº 32.753.769.

Tralas consideracións que xulgaron oportunas cada unha das partes, a comisión paritaria do convenio adopta, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro.-Establecido polo Instituto Nacional de Estatística o Índice de Prezos ó Consumo (IPC) acu

mulado ó ano 1995 en 4,3 puntos, e pactado un incremento salarial do convenio, en cómputo bianual, do IPC real acumulado dos anos 1994 e 1995 máis un punto, procede a regularización dos conceptos económicos co fin de axusta-lo incremento económico ós datos reais da inflación.

Segundo.-De conformidade coa acta da comisión paritaria do convenio con data 20 de xaneiro de 1995, estableceuse un incremento porcentual nas retribucións do dito ano do 4,3% tomando como referente a estimación oficial de inflación do 3,5% aprobada na Lei de orzamentos xerais do Estado.

Como queira que o IPC acumulado de decembro foi do 4,3%, produciuse unha desviación de 0,8 puntos sobre a estimación prevista, motivo polo que, de conformidade co establecido no apartado nº 2 do parágrafo segundo do artigo 45 do convenio, procede un incremento dos conceptos económicos de convenio do 0,8%, e compensar deste xeito a desviación producida.

Terceiro.-O presente acordo de regularización de conceptos económicos tomará efectos desde o primeiro de xaneiro de 1995 para o persoal que, nesa data, integrase o cadro de persoal da empresa.

Cuarto.-As contías dos salarios, valor das horas extraordinarias e plus de locomoción, son os recollidos nos tres anexos que se achegan á presente acta, unha vez aplicado o incremento do 0,8%, salvo no plus de locomoción, que mantén a súa contía aplicándoselle o incremento correspondente a este concepto ó plus de xornada.

Igual incremento se lles aplicará ós complementos ad personam, de conformidade co disposto no artigo 47.

Quinto.-A bolsa de vacacións prevista no artigo 12 do convenio fíxase en 15.823 pesetas.

A antigüidade prevista no artigo 18 do convenio establécese en 3.653 pesetas mensuais.

O plus de xornada considerado no artigo 19, por mes efectivamente traballado, ascende ás seguintes contías:

-Plus de tres quendas: 11.370 pesetas.

-Plus de catro quendas: 25.847 pesetas.

-Plus de dúas quendas e xornada partida: 8.999 pesetas.

En concepto de quebranto de moeda, os pagadores percibirán a cantidade mensual de 3.915 pesetas.

A mellora social prevista no artigo 24 do convenio fíxase en 430 pesetas.

A compensación transporte considerada no artigo 26 para o persoal de Cesures estabécese en 2.113 pesetas.

Sexto.-As retribucións actualizadas e as táboas salariais serán incluídas na nómina do mes de xaneiro, e a contía á que ascenden os atrasos aboarase antes do día 15 de febreiro.

Sétimo.-Delegar en Eladio Nogueiras González para que presente esta acta e os seus anexos na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó SMAC e a publicación no BOP.

E en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

ANEXO I

Táboas salariais desde o 1-1-1995 ó 31-12-1995 (IPC 95)

CategoríasSalario mesSalario díaSalario ano

Persoal fabricación
Peón86.1232.8321.246.080
Peón especialista86.8652.8561.256.640
Capataz de peóns88.7292.9181.283.920
Axudante88.7292.9181.283.920
Oficial segunda91.7463.0171.327.480
Oficial primeira98.2233.2311.421.640
Xefe de equipo117.1243.8531.698.298
Xefe de quenda120.1263.9491.741.827
Encargado de sección123.1194.0491.785.226

Persoal mantemento
Aprendiz65.8572.166953.040
Oficial de terceira93.6653.0801.355.200
Oficial de segunda101.3193.3301.465.200
Oficial de primeira111.2873.6601.613.662
Xefe de equipo129.0204.2441.870.790
Xefe taller165.4565.4382.399.112
Xefe de mantemento183.9156.0472.666.768

Persoal subalterno
Dep. econ./pesad/orden.88.6272.9121.281.280

CategoríasSalario mesSalario díaSalario ano

Porteiro/vixilante/garda/

listeiro/almaceneiro/

Chofer turismo

92.8223.0521.342.880
Conductor mecánico98.7803.2481.432.310

Persoal administrativo
Aspirante78.0262.5651.131.377
Auxil/telfon/mecang.88.5332.9121.283.729
Oficial de segunda104.4953.4341.515.178
Oficial de primeira115.8903.8101.680.405
Xefe130.0644.2751.885.928
Xefe administrativo159.4045.2402.311.358

Persoal técnico
Analista88.6282.9131.281.720
Delineante104.4263.4331.514.177
A.T.S.104.4263.4331.514.177
Perito118.4253.8931.717.163
Técnico proxectista120.6843.9641.749.918
Licenciado/enxeñeiro159.4045.2402.311.358

ANEXO II

Táboas horas extras IPC 1995

CategoríasHora normalHora extraHora fest/noct

Persoal fabricación
Peón7011.2271.404
Peón especialista7131.2421.419
Capataz de peóns7171.2561.438
Axudante7171.2561.438
Oficial segunda7521.3151.499
Oficial primeira8001.4021.605
Xefe de equipo9291.6271.857
Xefe de quenda9521.6661.905
Encargado de sección9761.7081.949

Persoal mantemento
Aprendiz5279161.049
Oficial de terceira7531.3171.505
Oficial de segunda8131.4221.629
Oficial de primeira8971.5731.798
Xefe de equipo1.0471.8292.092
Xefe taller1.3162.3032.633
Xefe de mantemento1.4882.6022.972

Persoal subalterno
Dep. econ./pesad/orden.7161.2541.434
Porteiro/vixilante/garda/

listeiro/almaceneiro/

Chofer turismo

7591.3271.518
Conductor mecánico8231.4381.644

Persoal administrativo
Aspirante6181.0811.237
Auxil/telfon/mecang.7011.2241.401
Oficial de segunda8301.4481.657
Oficial de primeira9221.6121.845

CategoríasHora normalHora extraHora fest/noct

Xefe1.0311.8082.070
Xefe administrativo1.2632.2092.528

Persoal técnico
Analista6991.2211.395
Delineante8301.4481.657
A.T.S.000
Perito9351.6381.874
Técnico proxectista9561.6761.915
Licenciado/enxeñeiro1.2632.2092.528

ANEXO III

Plus de locomoción IPC 1995

CategoríasXornada partidaDúas quendasTres quendasCatro quendas

Persoal fabricación
Peón6.8088.8969.166 9.523
Peón especialista6.8088.9129.184 9.541
Capataz de peóns6.8298.9769.256 9.614
Axudante6.8298.9769.256 9.614
Oficial segunda6.8519.0809.368 9.726
Oficial primeira6.8589.2079.492 9.849
Xefe de equipo6.9899.78710.107 10.456
Xefe de quenda6.9919.85010.174 10.531
Encargado de sección6.9939.91510.233 10.588

Persoal mantemento
Aprendiz6.6758.3068.545 8.902
Oficial de terceira6.8519.1119.392 9.776
Oficial de segunda6.8909.3279.627 9.983
Oficial de primeira6.9559.6199.933 10.291
Xefe de equipo7.03310.08810.421 10.777
Xefe taller7.24111.11811.505 11.861
Xefe de mantemento7.36011.65612.075 12.432

Persoal subalterno
Dep. econ./pesad/orden.6.8218.9649.235 9.590
Porteiro/vixilante/garda/

listeiro/almaceneiro/

Chofer turismo

6.8329.0749.356 9.713
Conductor mecánico6.8779.2609.558 9.915

Persoal administrativo
Aspirante6.72900 0
Auxil/telfon/mecang.6.81800 0
Oficial de segunda6.90100 0
Oficial de primeira6.96200 0
Xefe7.04800 0
Xefe administrativo7.23500 0

Persoal técnico
Analista6.82200 0
Delineante6.90100 0
Perito6.97900 0
Técnico proxectista6.98000 0
Licenciado/enxeñeiro7.23500 0

2459