Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de febreiro de 1996 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 1996.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 43, do 29 de febreiro de 1996, é necesario face-las seguintes correccións:

-No anexo I, onde di: «DIMENSIÓNS MÍNIMAS DO ANZOL PARA A PESCA DE SALMÓN CON CEBO», debe dicir: «DIMENSIÓNS MÍNIMAS DO ANZOL PARA A PESCA DE SALMÓN CON CEBO NATURAL».

-No anexo IV, punto 2, apartado referente ó río Eo e afluentes, onde di: «Aprázase o período hábil ata o 12 de maio», debe dicir: «Aprázase o período hábil para troita e reo ata o 12 de maio».

-No anexo IV, punto 2, apartado referente ó río Eo e afluentes, onde di: «A troita e o reo só se poderán pescar con mosca artificial, saltón ou grilo desde o límite superior do couto de Xinzo ata a desembocadura», debe dicir: «Desde o límite superior do couto de Xinzo ata a desembocadura a troita e o reo só se poderán pescar con mosca artificial, saltón ou grilo».

-No anexo VI, punto 1, deberase engadi-lo seguinte texto: «Os luns non festivos serán días inhábiles para a pesca en tódolos coutos da provincia».

-No anexo VI, punto 2, apartado referente ó río Hospital, onde di: «a central de Miudiña», debe dicir: «a presa da central de Miudiña».

-No anexo VI, punto 2, apartado referente ó regato Calvos, onde di: «desembocadura», debe dicir: «ponte de Paredes».

-No anexo VI, punto 2, apartado referente ós ríos Tea, Uma e afluentes, onde di: «presa de Manguiña», debe dicir: «presa de Barancos».

-No anexo VI, punto 2, apartado referente ó río Fonte Espiña, onde di: «Casa Alvedro (Sixán)», debe dicir: «Casalvedro (Sisán)».

9601992