Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1996 pola que se convoca o concurso público 8/1996 para adquisición de diverso material mobiliario con destino ás distintas escolas e facultades da Universidade da Coruña, dependentes desta consellería.

Esta consellería resolveu convocar concurso público nº 8/1996 para adquisición de diverso material mobiliario con destino ás distintas escolas e facultades da Universidade da Coruña, dependentes desta consellería.

1.-Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administratiavas particulares, específico deste concurso.

2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación, edificio San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11 r/Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente

disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día contado a partir da dita publicación ás 14 horas.

4.-Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5.-Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día hábil desde a finalización do prazo de presentación de proposicións a partir das 10 horas.

7.-Prazo de execución: 1 mes contado a partir da notificación da adxudicación.

8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9.-Orzamento de licitación: 15.665.000 ptas.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2398