Esta consellería resolveu convocar concurso público nº 7/1996 para adquisición de diverso material mobiliario con destino á Facultade de Humanidades de Ferrol, dependentes desta consellería.
1.-Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administratiavas particulares, específico deste concurso.
2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación, edificio San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11 r/ Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.
3.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día contado a partir da dita publicación ás 14 horas.
4.-Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.
5.-Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
6.-Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día hábil desde a finalización do prazo de presentación de proposicións a partir das 10 horas.
7.-Prazo de execución: 1 mes contado a partir da notificación da adxudicación.
8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.
9.-Orzamento de licitación: 24.389.000 ptas.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1996.
P.D. (Orde 8-9-1994)
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
2397