Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 2.990

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de marzo de 1996 pola que se lle concede autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, ó centro privado Santa María de Tui (Pontevedra), do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Santa María de Tui (Pontevedra) en solicitude de autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, do dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola inspección de educación e pola unidade técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro que se expresa, de acordo cos informes emitidos e coas disposicións vixentes na materia, reúne os requisitos necesarios. Esta consellería,

DISPÓN:

Concede-la autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, ó centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, facendo constar que a titulación do profesorado deberá axustarse ó disposto no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Concello: Tui

Localidade: Tui

Enderezo: Os Maristas, s/n

Denominación: Santa María

Titular: Hermanos Maristas

Nivel: educación primaria

Unidades que se autorizan: 6

2159