Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto dos servicios de ludoteca e espacio xove no centro de recursos socio-comunitarios de Lavadores.

Obxecto: o contrato ten por obxecto a contratación da xestión dos servicios de ludoteca e espacio xove para nenos e xoves. Os servicios serán entendidos en conxunto como un centro de tempo libre con carácter educativo, todo iso de conformidade co prego de condicións aprobado polo Pleno do Concello do 8 de febreiro de 1996.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración dun ano, prorrogable anualmente ata un máximo de tres anos máis.

Prezo do contrato: o prezo máximo do contrato establécese en 9.900.000 ptas. (IVE incluído).

Fianzas: exímese a presentación da garantía provisional. A definitiva establécese no catro por cento do prezo do contrato.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral do Concello de Vigo, de 9 a 13 horas, dentro dos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio do concurso no BOP e Diario Oficial de Galicia, achegando a documentación esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións terá lugar ás dez horas do primeiro martes seguintes a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións na casa do Concello de Vigo. Se esta coincidise en día non hábil o causas de forza maior impedisen súa celebración a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula IX do prego de condicións.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., con domicilio en... con DNI nº... en nome propio ou en representación de..., tendo coñecemento da contratación dos servicios de ludoteca e espacio xove, comprométese a:

a) Realiza-lo servicio obxecto de contratación durante o prazo contractual polo prezo de... ptas. Desagregado:

-Material inventariable... ptas.

-Material funxible... ptas.

-Publicidade... ptas.

-Persoal... ptas.

-Reposición, etc... ptas.

-Dirección, etc... ptas.

b) Aceptar integramente o prego de condicións que rexe a contratación e que declara coñecer na súa totalidade.

c) Achegarlle á oferta a documentación esixida.

Vigo, ... de... de 1996.

(Asinado)

Vigo, 5 de marzo de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273