Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

CONVOCATORIA.

No BOP da Coruña do día 14 de febreiro de 1996, publicáronse as bases para prover, por concurso, a contratación laboral indefinida dunha praza de auxiliar de biblioteca e oficina de información xuvenil. Nivel de titulación esixido: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao, bacharelato elemental ou equivalente.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais normas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, debendo achegar a estas xustificantes do ingreso da cantidade de 1.000 ptas. en concepto de dereitos de exame.

Mugardos, 16 de febreiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

9602364