Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concursos públicos abertos de subministracións (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP) (C.P. 12/1996 ó 20/1996).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-1994, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: C.P. 12/1996 (aves e ovos).

Orzamento: 3.558.315 ptas, IVE engadido.

Fianza provisional: non se esixe.

Lote 1: polo e pavo.

Orzamento: 2.913.315 ptas.

Lote 2: ovo pasteurizado.

Orzamento: 645.000 ptas.

Subministración: C.P. 13/1996 (conservas e zumes) (vexetais).

Orzamento: 2.313.360 ptas., IVE engadido.

Fianza provisional: non se esixe.

Lote 1: conservas vexetais.

Orzamento: 1.561.788 ptas.

Lote 2: zumes vexetais.

Orzamento: 751.572 ptas.

Subministración: C.P. 14/1996 (agua mineral).

Orzamento: 3.172.000 ptas., IVE engadido.

Fianza provisional: non se esixe.

Lote único: auga mineral.

Orzamento: 3.172.000 ptas.

Subministración: C.P. 15/1996 (confeituras e galletas).

Orzamento: 2.057.890 ptas., IVE engadido.

Fianza provisional: non se esixe.

Lote 1: marmeladas.

Orzamento: 1.260.000 ptas.

Lote 2: galletas.

Orzamento: 630.000 ptas.

Lote 3: meles.

Orzamento: 41.890 ptas.

Lote 4: crema de améndoas.

Orzamento: 126.000 ptas.

Subministración: C.P. 16/1996 (víveres varios).

Orzamento: 5.329.423 ptas., IVE engadido.

Fianza provisional: non se esixe.

Lote 1: infusións e solubles.

Orzamento: 1.248.000 ptas.

Lote 2: caldos e condimentos.

Orzamento: 952.803 ptas.

Lote 3: aceites comestibles.

Orzamento: 996.000 ptas.

Lote 4: sopas, pastas e fariñas.

Orzamento: 2.132.620 ptas.

Subministración: C.P. 17/1996 (derivados lácteos).

Orzamento: 10.861.935 ptas., IVE engadido.

Fianza provisional: non se esixe.

Lote 1: queixo fresco.

Orzamento: 5.093.700 ptas.

Lote 2: queixo de barra.

Orzamento: 777.150 ptas.

Lote 3: iogur natural.

Orzamento: 561.000 ptas.

Lote 4: iogur desnatado.

Orzamento: 170.085 ptas.

Lote 5: queixiños en porcións.

Orzamento: 360.000 ptas.

Lote 6: leite.

Orzamento: 3.900.000 ptas.

Subministración: C.P. 18/1996 (panadería).

Orzamento: 5.265.000 ptas., IVE engadido.

Lote único: pan de barra.

Orzamento: 5.265.000 ptas.

Subministración: C.P. 19/1996 (conxelados).

Orzamento: 12.458.053 ptas., IVE engadido.

Fianza provisional: non se esixe.

Lote 1: verduras conxeladas.

Orzamento: 1.603.831 ptas.

Lote 2: peixe austral.

Orzamento: 6.483.240 ptas.

Lote 3: peixe conxelado.

Orzamento: 4.370.982 ptas.

Subministración: C.P. 20/1996 (carne fresca).

Orzamento: 11.104.081 ptas., IVE engadido.

Fianza provisional: non se esixe.

Lote 1: carne de vitela.

Orzamento: 10.421.688 ptas.

Lote 2: carne de porco.

Orzamento: 682.393 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse: desde o 1 de abril ata o 30 de xuño do ano 1996 (2º trimestre), segundo demanda do Servicio de Hostelaría.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia técnica: acreditarase polo medio descrito no artigo 18 letra d) da LCAP.

VI. Criterios de adxudicación: prezo (50%) e calidade dos productos ofertados (50%).

VII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo, planta soto). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

IX. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

X. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do/s adxudicatario/s do contrato/s.

A Coruña, 14 de marzo de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

2372