Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 112/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo R.D. de 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: 112/1995

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI: 34.982.163

Último enderezo coñecido: rúa Progreso, 202-1 D. A Rúa. Ourense.

Feitos imputados: transporte de animais no automóbil matrícula OR-3114-P, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Precepto infrinxido: artigo 32.

Precepto sancionador: artigo 212.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 15.000 pesetas.

Lugo, 28 de febreiro 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

2361