Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 novembro de 1995 pola que se fai pública a caducidade da cetaria sita entre punta Sarridal e Castillo, lugar de Honreiras, Cedeira, distrito marítimo de Ortigueira (A Coruña).

Visto o expediente de caducidade incoado a José Luis García Rodríguez, na súa condición de titular da concesión administrativa seguinte:

-Tipo de establecemento: cetaria.

-Especies: langosta.

-Situación: entre punta Sarridal e Castillo,lugar de Honreiras, Cedeira, distrito marítimo de Ortigueira (A Coruña).

-Superficie: 720 m.

-Orde de outorgamento: 1-6-1953 (BOE nº 171).

-Prazo de outorgamento: a perpetuidade.

Resultando que con data 14-7-1993 a Delegación Territorial da Coruña acordou a incoación do expediente de caducidade á citada concesión pola causa

recollida no artigo 72 a) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Resultando que o citado acordo de incoación de expediente de caducidade lle foi notificado ó titular da concesión en data 16-7-1993.

Resultando que en tempo e forma o titular non presentou escrito de alegacións.

Resultando que con data 19-9-1995 se dicta proposta de resolución por parte do instructor na que se propón a caducidade da concesión supracitada.

Resultando que o titular da concesión non presentou escrito de alegacións.

Considerando que o expediente se tramitou conforme a dereito, segundo informe emitido polo xefe do Servicio Técnico-Xurídico.

Considerando que en canto ó fondo do asunto, na acta de inspección realizada o 9-12-1992, recóllese que, segundo manifestación do concesionario, a cetaria levaba máis de dous anos de inactividade.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería acorda, en exercicio das súas atribucións e competencias, declarar caducada a citada concesión, ordenando a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e notificación ó interesado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, de conformidade coa Lei do 27 de decembro de 1956, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril de 1992.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

96-1687