Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52877).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Modificado o proxecto de liña eléctrica subterránea Parque Montouto-Imaxe Galega (Teo), consistente en:

-Tramo de liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 380 m de lonxitude, con orixe no C.T. Parque Montouto nº 2 e final no C.T. Parque Montouto nº 1.

-Tramo das mesmas características, de 697 m de lonxitude, con orixe no C.T. Parque Montouto nº 1 e final no C.T. Imaxe Galega.

-Centro de transformación, tipo caseta, de 400 kVA e tensións de 25/0,380-0,220 kV, nomeado C.T. Parque Montouto nº 2, concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 22 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2098