Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 34979).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Modificado de tramo aéreo de liña de media tensión Melide-Sobrado, ó seu paso polas inmediacións Novo Grupo Escolar de Toques, consistente en:

-Tramo de liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 190 m de lonxitude, Toques.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 22 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9602010