Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. en Telleiras II, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 80 da L3 G006 de Gondomar e remata no C.T. que se proxecta en Telleiras II, concello de Nigrán.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56,
sobre apoio de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V.
Orzamento: 2.058.179 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de febreiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9602103