Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 61/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en monte de Parada-Currás, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. Tibo-Curro desde o que se realiza a derivación ó C.T. Rapeira, rematando no C.T. que se proxecta en monte de Parada-Currás, concello de Portas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 427 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formiagón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V. R.B.T., aérea, de 33 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoio de formigón.

Orzamento: 3.478.668 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 12 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2017