Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de C.T. en Samil II, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: na Avda. de Samil, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Orzamento: 5.335.852 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de febreiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2013