Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 58/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.S. e dous centros de seccionamento en campus e forestais, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T.S. 30.10 Mourente-Caeira, alimentando en bucle ós centros de seccionamento proxectados en campus e forestais, rematando na mesma liña, concello de Pontevedra.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 910 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Dous centros de seccionamento, cada un deles cunha cela de liña C.M.L.-SF6.

Orzamento: 11.324.341 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 12 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2016