Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407 96/1-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Ponteceso-Malpica e derivadas.

Situación: Ponteceso-Malpica.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 25/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 11.687 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea que alimenta o C.T. edificio Ponteceso (expediente 34932) e remate na liña Carballo-Malpìca (expediente 23924).

Liñas eléctricas aéreas, derivadas da anterior, sobre apoios formigón e conductor LA-56.

-De 240 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 17 e remate en C.T. Castro.

-De 736 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 20 e remate en C.T. Nemeño.

-De 147 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 25 e remate en C.T. Campara.

-De 297 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 27 da liña que alimenta o C.T. Arada e remate en C.T. Figueroa.

-De 367 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 34 da liña que alimenta o C.T. Barizo e remate no C.T. Mens.

-De 844 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 43 da liña Ponteceso-Malpica e remate en C.T. Ponte Berrán.

-De 736 m de lonxitude, con orixe na liña Ponteceso-Malpica e remate no C.T. Seaia

Centros de transformación, tipo aéreo, de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV nos lugares de Badarra e Santiso I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2015