Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 214-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Sar-San Lázaro.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 3.214 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm AL) que parte do apoio seguinte o C.T. aéreo de Sar da L.M.T. nº 1 e final no C.T. do campo de futbol de San Lázaro. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2109