Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/148-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.C. e R.B.T.S. A.D.R.-Portodemouros.

Situación: Arzúa.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, 3(1x95) mm Al, de 38 m de lonxitude, con orixe na liña Portodemouros-Melide (Expte. 29993) e final no C.T. nomeado A.D.R.-Portodemouros (Arzúa). Centro de transformación en caseta prefabricada formigón, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios formigón e conductor R.Z. de 544 m de lonxitude, Arzúa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9602102