Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Mónica, nos concellos da Estrada e Silleda, por parte de Jesús Castro Puente.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Jesús Castro Puente, con domicilio en Foxo, A Estrada, presentou nesta delegación provincial o día 11 de novembro de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Mónica, de 35 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), que se sitúa nos termos municipais da Estrada e Silleda, da Provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2695 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º20'40''42º41'20''

Vértice 28º20'40''42º43'00''

Vértice 38º23'00''42º43'00''

Vértice 48º23'00''42º41'20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 7 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9602104