Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1996 pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan (claves OH.232.282 e OH.227.253).

A)Obra.

1. Abastecemento a Barral, Noallo de Abaixo e Santo Estevo. (Castrelo de Miño-Ourense).

Clave: OH.232.282

Orzamento: corenta e seis millóns oitocentas corenta mil setecentas noventa e cinco pesetas (46.840.795).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: 936.816

2. Estación de bombeo, depósito de 1.000 metros cúbicos e ampliación do abastecemento ata as parroquias de Gaibor e Saavedra (Begonte-Lugo).

Clave: OH.227.253

Orzamento: cincuenta millóns de pesetas (50.000.000).

Prazo de execución: 12 meses

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c

Fianza provisional: 1.000.000

(Declaradas urxentes en base o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado

conforme ó disposto no artículo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2320