Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lalín e Merza, con anexos : V-2198; XG-197, por substitución da concesión: V-2198; XG-197, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 6 de febreiro de 1996, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Ofelia Esther Souto Castro, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lalín e Merza, con anexos: V-2198; XG-197, por substitución da concesión V-2198; XG-197, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Lalín, Bendoiro, Prado, Vilar do Río, Noceda, Anzo-Madriñán, Losón, Bodaño, Fontao e Merza.

-Bendoiro e Santiso.

-Prado, Cristimil, Gresande, Anseán, Barcia e Vilatuxe.

-Samprizón, Carrofeito, Lebozán, A Saborida, Lodeirón, Vilatuxe e Lalín.

II. Expedicións.

*Merza-Lalín (26 km):

Unha expedición de ida e volta diaria excepto os domingos.

*Bodaño-Lalín (19 km):

Unha expedición de ida e volta diaria, excepto os domingos.

*Losón-Lalín (17 km):

Unha expedición de ida e volta diaria, excepto os domingos.

Unha expedición de ida e tres de volta os días 3 e 18, feira en Lalín.

*Lalín-Fontao (22 km):

Unha expedición sinxela os días 3 e 18, feira en Lalín.

*Anzo/Madriñán-Lalín (13 km):

Unha expedición de ida e volta os días 3 e 18, feira en Lalín.

*Vilar do Río-Lalín (6 km):

Unha expedición sinxela os días 3 e 18, feira en Lalín.

*Santiso-Lalín (11 km):

Unha expedición de ida e volta os luns e os venres.

Unha expedición de ida e volta os día 3 e 18, feira en Lalín.

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

*Lalín-Prado-Vilatuxe (17,6 km):

Unha expedición de ida e volta diaria, excepto os domingos.

Dúas expedicións de ida e volta os días 3 e 18, feira en Lalín.

Unha expedición de ida os días lectivos.

*Samprizón-Vilatuxe-Lalín (21 km):

Unha expedición de ida e volta os luns e venres e os días 3 e 18, feira en Lalín.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,3829 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,0397 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,4074 pesetas.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

2320