Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1996 pola que se nomea profesor-director dos cursos IX, X, XI, XII e XIII para a obtención do diploma de directivo.

Por Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995), polo que se regula o diploma de directivo, establécese que para ocupa-los postos de traballo de libre designación que así se determinen nas relacións de postos de traballo, será requisito necesario estar en posesión do diploma de directivo ou de outros diplomas que habiliten para o posto de que se trate.

Segundo dispón o artigo 7 do citado decreto, a Escola Galega de Administración Pública designará un profesor-director dos cursos.

Convocado por Resolución de 18 de decembro de 1995 os cursos IX, X, XI, XII e XIII para a obtención do diploma de directivo,

RESOLVO:

Nomear profesor-director dos cursos IX, X, XI, XII e XIII para a obtención do diploma de directivo a Luis Echebarría Ariznabarreta.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

2315