Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 126/1996, do 14 de marzo, polo que se declara a delimitación do contorno do Mosteiro de Santa María, sito no Concello de Meira, provincia de Lugo.

A Gaceta de Madrid de data 4 de xuño de 1931, publicaba un Real decreto do 3 de xuño de 1931, polo que se declaraba ben de interese cultural con

categoría de Monumento Histórico Artístico o Mosteiro de Santa María, sito no Concello de Meira, provincia de Lugo.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro de 1995, do patrimonio cultural de Galicia, cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

Con data 30 de marzo de 1995, publicouse una Resolución do 28 de febreiro, pola que se incoaba expediente para a delimitación do seu contorno.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro de 1995) do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Por proposta do conselleiro de Cultura (artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro), e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno do Mosteiro de Santa María, no Concello de Meira, provincia de Lugo (artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro).

Segundo.-A zona de delimitación é a comprendida no anexo I, e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor ó dia seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

-Perimetral Norte:

NI. Liña paralela, a 30 ms, da aliñación norte da r/ Julio Cachafeiro e de orientación O-E.

Comézase no lateral NO, designado NO2.

Está atravesada, en disposición ortogonal xenérica, por vía de plan xeral, designada r/ Carballous, que se estende desde r/ Julio Cachafeiro ata o río Miño.

Ten unha lonxitude de 90 m.

N2. Liña perpendicular á anterior N1 e da orientación N-S, que enlaza coa r/ Julio Cachafeiro.

Ten unha lonxitude de 30 m.

N3. Liña perpendicular á anterior N2, coincidente coa aliñación sur de r/ Julio Cachafeiro e orientación O-E.

Ten unha lonxitude de 34 m.

-Perimetral este:

E1. Liña perpendicular á anterior N3, que parte da r/ Julio Cachafeiro con orientación N-S.

Ten unha lonxitude de 20 m.

E2. Liña prolongación da anterior E1, xira cara ó oeste lixeiramente, é dicir, practicamente trasverso-ortogonal á r/ Julio Cachafeiro.

Ten unha lonxitude de 114 m.

-Perimetral sur:

S1. Liña perpendicular á anterior E2 e a r/ José Antonio, e con orientación E-O.

Ten unha lonxitude de 30 m.

S2. Liña prolongación da anterior S1, trala intersección coa r/ José Antonio, aínda que lixeiramente desprazada cara ó norte por intermedio da vía do plan xeral, denominada Rúa Nova, ortogonal á devandita r/ José Antonio e de orientación E-O.

Ten unha lonxitude de 30 m.

-Perimetral oeste:

O1. Liña perpendicular á devandita S2 e paralela á r/ José Antonio da que se separa, basicamente 30 m. e de orientación S-N.

Ten unha lonxitude de 114 m.

-Perimetral noroeste:

NO1. Liña diverxente da devandita O1, mediante ángulo de xiro oeste de 120 e que converxe no vértice da unión da aliñación sur da Praza Maior coa aliñación oeste da r/ José Antonio.

Ten orientación SO-NE.

Ten unha lonxitude de 30 m.

NO2. Liña prolongación da devandita NO1, lixeiramente xirada, tras intersección coa angular leste da Praza Maior.

Pecha o perimetro de contorno mediante ángulo próximo, por defecto, a 120 con liña N1.

Ten orientación SO-NE.

Ten unha lonxitude de 42 m.

O conxunto das perimetrais N, E, S, O e NO delimitan unha superficie pechada, atopándose no interior o Mosteiro de Santa María de Meira.

880