Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/180-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa das instalacións que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subt. a 20 kV, C.T. 400 kVA e R.B.T. en Avda. de Santiago.

Situación: T.M. de Negreira.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica subterránea de media tensión, en dobre circuíto baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de (1x150) mm Al, de 50 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. en Avda. de Santiago (Expte. 26657) e final en C.T. que se vai instalar na mesma rúa. Centro de transformación en edificio vivendas en Avda. de Santiago, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e grampada, de 477 m de lonxitude e en conductor R.Z. T.M. de Negreira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autoriza-las devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes

ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

A Coruña, 23 de febreiro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9602108