Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.A. e R.B.T. en Escarabuñas.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con
ducto LA-56, de 160 m de lonxitude, con orixe na liña Monte da Vila-cruzamento Peregrina (expediente número 51738) e final no C.T: que se vai instalar en Escarabuñas. Centro de transformación aéreo de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Escarabuñas, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 466 m de lonxitude, Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 23 de febreiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
2107