Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.869

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de marzo de 1996 pola que se aproba o temario que rexerá nos procedementos de ingreso, adquisición de novas especialidades e mobilidade para a especialidade de galego do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

O Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece un novo sistema de acceso que pon fin ó procedemento previsto na disposición transitoria quinta da mesma lei para as tres primeiras convocatorias posteriores a súa promulgación.

A fase da oposición regulada no artigo 22 do citado real decreto articúlase sobre os correspondentes temarios que deberán incluír dúas partes que comprendan, respectivamente, os contidos propios e específicos do ámbito científico correspondente e os coñecementos de carácter didáctico e educativo en xeral.

Resultando necesario aproba-lo temario da especialidade de galego do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-O cuestionario específico que constitúe a parte A do temario, á que se refiren os artigos 24 e 41.3º do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, para as convocatorias de ingreso, adquisición de novas especialidades e mobilidade no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de galego, será o que se establece na presente orde e que figura no anexo I.

Segundo.-O cuestionario de carácter didáctico e de contido educativo xeral que constitúe a parte B, a que se refire o artigo 24 do real decreto antes citado, é o que se establece na presente orde e que figura no anexo II.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

ANEXO I

TEMARIO DE GALEGO

1. A comunicación. Os elementos que interveñen nela. A comunicación verbal. A linguaxe e as súas funcións.

2. A lingua como sistema. Lingua e fala. O signo lingüístico. Sincronía e diacronía. As variedades e rexistros da lingua.

3. Lingua oral e lingua escrita. Características de cada modalidade. As relacións entre elas.

4. A comunicación de masas. Os medios impresos e os medios audiovisuais. A linguaxe verboicónica.

5. A orixe do galego. A romanización. Influencia doutras linguas na conformación do idioma. Voces patrimoniais, cultas e semicultas. Os préstamos.

6. A lingua na Idade Media. O galego, lingua de cultura. Os primeiros textos. Características da lingua medieval.

7. A lingua entre os séculos XVI e XIX. Os séculos escuros. O século XVIII: a Ilustración. O século XIX: o Rexurdimento. Características da lingua nesta etapa.

8. A lingua no século XX. Das Irmandades da Fala á Xeración Nós. A etapa da posguerra. A lingua na actualidade.

9. Lingua e sociedade. Linguas en contacto. Bilingüismo e diglosia. As actitudes lingüísticas. As interferencias lingüísticas.

10. A estandarización da lingua e a normalización lingüística.

11. O sistema fonolóxico do galego. As vocais. As consonantes. Realización fonética e representación gráfica.

12. A sílaba. O acento na palabra e no grupo tonal. Encontro de fonemas na palabra e no sintagma. A entoación.

13. A palabra e os seus constituíntes. Formación de palabras. A derivación: prefixación, sufixación e parasíntese. A composición. As familias léxicas.

14. O significado das palabras. Denotación e connotación. O campo semántico. Sinónimos e contrarios; polisemia e homonimia. O eufemismo.

15. O substantivo: clases, formas e funcións.

16. O adxectivo: clases, formas e funcións. A gradación.

17. O verbo. Descrición morfolóxica. A raíz: verbos regulares e irregulares; as alternancias vocálicas e consonánticas. A vocal temática e as conxugacións.

18. O verbo. O tempo, e modo e o aspecto. A voz.

19. As formas non finitas do verbo. O infinitivo conxugado. As perífrases verbais.

20. O pronome persoal.

21. O artigo. O demostrativo. O posesivo.

22. Os indefinidos, numerais, relativos, interrogativos e exclamativos.

23. O adverbio. A preposición, a conxunción e outros nexos. As interxeccións.

24. A oración: constituíntes e estructura. Os modos de enunciación oracional: a afirmación, a negación, a dúbida, a interrogación e a exclamación.

25. As funcións do esquema oracional. O suxeito. O predicado. Os complementos. Clases de oracións segundo a natureza do predicado.

26. A oración composta. As oracións coordinadas, bipolares e complexas.

27. O texto como unidade comunicativa. Coherencia textual: deixe, anáfora e outros mecanismos. Cohesión textual: estructuras, conectores e relacionantes. Tipos de textos.

28. O texto narrativo. Estructura e características.

29. O texto descritivo. Estructura e características.

30. O texto conversacional. Estructura e características.

31. Textos informativo-expositivos. Estructura e características. Textos argumentativos. Estructura e técnicas.

32. Estratexias para a análise, síntese e resumo de textos.

33. A literatura como producto lingüístico, estético e social. As características da lingua literaria.

34. Literatura e sociedade. A función social da literatura. A especificidade da literatura en contextos bilingües. O caso do galego.

35. A literatura e a súa relación con outras manifestacións culturais: cine, música, pintura, cómic, arquitectura...

36. A literatura popular. Características. A súa influencia na literatura culta.

37. O xénero lírico. Características e desenvolvemento.

38. O xénero narrativo. Características e desenvolvemento.

39. O xénero dramático. Características e desenvolvemento.

40. A literatura na Idade Media. O contexto sociocultural. Autores e códices. Características da literatura trobadoresca. A súa periodización.

41. A cantiga de amigo.

42. A cantiga de amor.

43. A cantiga de escarnio e maldicir.

44. As cantigas de Santa María. A prosa medieval. Os xéneros poéticos menores.

45. A decadencia da lírica galego-portuguesa. A decadencia da literatura culta na idade moderna.

46. A literatura no século XIX. O contexto político e sociocultural. Os precursores. O Rexurdimento.

47. Rosalía de Castro.

48. Eduardo Pondal.

49. Manuel Curros Enríquez. Os epígonos do Rexurdimento.

50. O século XX. O contexto sociocultural. O nacionalismo galego. As Irmandades da Fala. Ramón Cabanillas. Noriega Varela.

51. O grupo Nós. Vicente Risco.

52. Ramón Otero Pedrayo.

53. Alfonso R. Castelao.

54. As vangardas en Galicia. Manuel Antonio e Amado Carballo. A escola neotrobadoresca.

55. Prosistas e dramaturgos de preguerra. Rafael Dieste.

56. Galicia na inmediata posguerra. A literatura no exilio. A actividade cultural e editorial desde os anos 50. O xénero ensaístico.

57. Álvaro Cunqueiro: poeta, narrador e dramaturgo.

58. Ánxel Fole e Eduardo Blanco Amor. Outros narradores desta etapa.

59. A poesía de posguerra: caracterización e tendencias. Luis Pimentel, Aquilino Iglesia Alvariño, X.M. Díaz Castro.

60. A poesía de posguerra: Celso Emilio Ferreiro e Antón Tovar.

61. A promoción dos poetas dos 50. Das Festas Minervais ó grupo Brais Pinto. Principais autores e tendencias.

62. A renovación da prosa. A Nova Narrativa. Principais cultivadores da novela e da narrativa breve.

63. Autores e orientacións narrativas a partir de 1975.

64. Últimas promocións poéticas. Constitución de grupos. Pluralidade de voces e tendencias.

65. O teatro desde a posguerra ata a actualidade. Situación e perspectivas.

66. O ensaio. Os xéneros xornalísticos. A súa relación coa literatura.

ANEXO II

1. A educación secundaria na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE): educación secundaria obrigatoria, bacharelato, finalidades e estructura.

2. A formación profesional na LOXSE. Os seus compoñentes. Formación profesional específica de grao medio e grao superior. Vinculación da formación profesional cos demais niveis educativos.

3. Desenvolvemento curricular da LOXSE. Fontes e funcións do currículo. Análise dos elementos curriculares na área e as materias da especialidade correspondente.

4. Características básicas do desenvolvemento psicolóxico dos adolescentes. Aspectos cognitivos, motrices, afectivos e sociais. Implicacións no proceso de ensinanza e aprendizaxe da área e materias da especialidade pola que se opta.

5. A organización dos centros. Os órganos de goberno e de coordinación didáctica. Normativa sobre o funcionamento dos centros. Traballo en equipo e colaboración docente.

6. Programación das intencións educativas no centro. Funcións e decisións propias dos proxectos curri

culares da secundaria obrigatoria e bacharelato. Estratexias de elaboración.

7. Presencia, nas diferentes áreas do currículo da educación secundaria, de contidos (transversais) relativos á educación moral e cívica, á educación para a paz, a cooperación internacional, a igualdade entre os sexos e á educación ambiental.

8. Fundamentación da área e materias da especialidade pola que se opta e as súas aportacións ós obxectivos xerais da etapa correspondente. Análises dos enfoques didácticos e as súas implicacións no ensino da área e materiais.

9. A programación: principios psicopedagóxicos e didácticos; vinculación co proxecto curricular. Estructura e elementos das unidades didácticas: concreción e aplicación na área e materiais da especialidade correspondente.

10. A avaliación na educación secundaria. Avaliación do proceso de aprendizaxe e do proceso de ensino. Función dos criterios de avaliación. Procedementos e instrumentos de avaliación. A promoción na etapa de ensino secundario obrigatorio.

11. Materiais curriculares e recursos didácticos: recursos materiais e impresos, medios audiovisuais e informáticos. Criterios para a súa selección e utilización.

12. A acción titorial na educación secundaria. Funcións e actividades titoriais. O titor e a súa relación co equipo docente, cos alumnos e coas familias.

13. A diversidade de intereses, motivacións e capacidades do alumnado. Medidas metodolóxicas, curriculares e organizativas no centro e na aula. A integración de alumnos con necesidades educativas especiais na educación secundaria obrigatoria.

14. A educación permanente como principio básico do sistema educativo. Metodoloxía e avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe de persoas adultas.

NOTA: As referencias que se fan á lexislación en materia educativa en determinados temas deste cuestionario inclúen, xunto coa normativa de carácter básico, as disposicións lexislativas que a desenvolven no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

9602008