Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de febreiro de 1996 pola que se clasifica como benéfico-docente a Fundación Arbona Millares.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Arbona Millares, con domicilio no Monasterio Benedictino de Samos, 27620 Samos, Lugo.

Supostos de feito.

1. Antonio Hierro Hernández-Mora, na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 9 de novembro de 1995, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo, o día vinteoito de setembro de 1995, perante o notario Javier de Lucas y Cadenas, co número dous mil seiscentos corenta e sete do seu protocolo, por Angieleana Marie Ramírez Ramos, Agustín Miguélez Vecillas e Victoriano González Martínez, intervindo no seu propio nome e ademais Angieleana Marie Ramírez Ramos, na súa calidade de administradora xudicial da sucesión e bens relictos de Otilia Millares Vázquez, e ademais tódolos comparecentes na súa calidade de coadministradores da Fundación Arbona Millares.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, o obxecto e finalidade da fundación é a concesión de bolsas ós nenos pobres e talentosos: 1. do colexio San Benito dos Padres Benedictinos do Mosteiro de Samos en Mayagüez, Puerto Rico, e 2. veciños da vila galega de Noia ( A Coruña ) e a súa contorna.

4. O padroado da fundación estará constituído por Victoriano González Martínez como presidente, Rafael Augusto Blanes Sánchez como vicepresidente, Angieleana Marie Ramírez Ramos como secretaria.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-docente da Fundación Arbona Millares, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-docente e a súa adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior,

de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/92, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 27 de febreiro de 1996. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-docente a Fundación Arbona Millares, e adscribíla á Consellería de Edu

cación e Ordenación Universitaria, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

2193