Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 53/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de desvío de liñas na estrada PO-400 tramo As Neves-Arbo, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: variante I-desde o apoio da L.M.T. Frieira-Arbo ata o 108 da mesma liña. Variante II-desde o apoio 93 da L.M.T. Frieira-Arbo ata o 95 da mesma liña. Variante III-desde o apoio 3 da L.M.T. ó C.T. Barcela ata o C.T. de Barcela. Variante IV-desde o apoio 2 da L.M.T. ós CC.TT. Ponte Cabaleiro, Cabeiras e outros ata o apoio 4 para colocar xunto ó C.T. de Ponte Cabaleiro. Variante V-desde o apoio de entronque da L.M.T. ós CC.TT. Chan-Arbo e Currelo ata o apoio 5 da mesma liña.

Finalidade da instalación: desvío liñas por alargamento da estrada.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 410 m de lonxitude en conductor tipo LA-56 e 190 m en conductor LA-110, sobre apoios de formigón. R.B.T., aérea, de 2.507 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 14.748.299 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-1695