Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. ó C.T. Saiáns, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 88 da L.M.T. existente Balaídos-Ramallosa-Moasa ata o apoio n. 1 da L.M.T.A. proxectada enlazando co apoio n. 2 da L.M.T.S. proxectado que remata no C.T. existente de Saiáns, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-soterrada, a 15/20 kV, sendo o tramo aéreo de 55 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, con apoio tubular, e o tramo subterráneo de 28 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 1.171.803 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1694