Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/211-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Paizas.

Situación: Vedra.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón, con conductor LA-56, de 20 m de lonxitude, con orixe na liña Pedreira-Ponte Ulla-C.T. Vaamonde (Expte. 8981) e final no C.T. Paizas que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV en Paizas. Concello de Vedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-1692