Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 54/1996, R.C.I. 5.199).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Repsol Petróleo, S.A, co enderezo na rúa Paseo de la Castellana, 280-Madrid, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Central de coxeración de 45.534 kW, con turbina de gas, utilizándose como combustible mestura de fuel-gas de refinería (90%) e nafta lixeira (10%),

tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade.

-Central que utiliza calores residuais de 10.700 kW.

-Liña de 66 kV, modificación do parque intemperie de 66 kV, transformador 15/6,3 kV para alimentación de socorro a planta de coxeración, transformador 66/11/11 kV de dobre secundario.

Lugar onde se van establece-las instalacións: Complexo Industrial de Repsol Petróleo, S.A., na Coruña, Bens, s/n

-Orzamento: 5.500 millóns de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 7 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1713