Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/202-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. intenperie de 160 kVA.

Situación: Bergondo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 140 m de lonxitud, en conductor R.H.V. de 3(1x95 mm), que parte dun apoio da L.M.T. Pedrido-Lamastelle e remata no C.T. aéreo de 160 kVA no mosteiro de Bergondo que se vai construír. Concello de Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1713