Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/201-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en urbanización Mariño.

Situación: Portosín-Porto do Son.

Características técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea a 15/20 kV, de 28 e 438 m de lonxitud, en conductor LA-56 e R.H.V de 3(1x95 mm) Al, que parte da L.M.T. Boa-Cans (expediente 51896) e remata no C.T. tipo caseta que se vai construír en urbanización Mariño, en Portosín, de 400 kVA. Concello de Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1716