Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/197-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subtr. e C.T. no Edifc. Abeleiras-O Burgo.

Situación: Cambre.

Características técnicas: proxecto L.M.T. a 15/20 kV subterránea en dobre circuíto de 270 m de lonxitude en conductor al tipo R.H.v. de 3(1x240 mm) e un trafo de 630 kVA que se vai construír en Abeleiras, O Burgo. Concello de Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-1486