Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/207-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subtr. e C.T. nº 1 en E. prefabricado-Parque empresarial.

Situación: Arzúa.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x150) mm Al, de 20 m de lonxitude, con orixe na liña Portodemouros-Arzua (Expte. 19656) e final no C.T. que se vai instalar no parque empresarial de Arzúa. Centro de transformación, tipo caseta prefabricada, de 630 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV, no parque empresarial de Arzúa. Arzúa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1714