Advertidos erros na resolución desta universidade do 26 de outubro de 1995 (BOE do 24 de novembro) pola que se publica a composición da comisión para a provisión da praza nº 95/019, este rectorado ó abeiro do previsto no Art. 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento administrativo común, procede á súa rectificación nos seguintes termos.
Praza número 95/019.-Onde di: «Luis Gago González, profesor titular de Escola Universitaria da Universidade da Coruña», debe dicir: «Luis Gago González, profesor titular de Escola Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela».
A Coruña, 27 de febreiro de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
95-1683