Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.785

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996 pola que se declaran aprobadas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, convocadas por Resolución do 27 de novembro de 1995 (BOE do 19 de decembro).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, este, rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1. da Resolución do 27 de novembro de 1995 (BOE do 19 de decembro), pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da uviversidade da Coruña, resolve declarar aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos. A dita lista figura exposta nos taboleiros de anuncios do rectorado e do vicerrectorado do campus de Ferrol.

De acordo co previsto no parágrafo segundo da referida base, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado para corrixi-los defectos que motivasen a súa exclusión.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

1653