Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.755

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 377/1995 A.T.).

Visto o escrito presentado por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con data do 3-11-1995 no que solicita a autorización administrativa da subestación nomeada O Castro de 132/15 kV en Vigo, para o que xunta o anteproxecto da instalación.

Resultando que despois de proceder á información pública que marca o Decreto 2617/1966, no DOG do 15-12-1995 e BOP do 21-12-1995, presentáronse dous escritos de alegacións con data do 19-1-1996 polos veciños que se consideran afectados no sentido de:

1 O Parlamento Europeo na súa resolución A3-0238/1994 considera que os estados membros deben supedita-la instalación de subestacións a un estudio de impacto medioambiental. Que o dito estudio non consta no expediente número 95/377 A.T.

2 Que tampouco se realizou estudio da densidade de fluxo magnético, sendo esixible dada a proximidade de colexios.

3 Que non existe ningún estudio de medidas correctoras contra campos electromagnéticos.

4 Que a situación non é a máis adecuada e que debía ser determinada pola Comisión Provincial de Servicios Técnicos.

5 Que na publicación se fai constar que a subestación é subterránea, o que non é certo respecto a dúas rúas.

6 Que non cumpre o PXOU.

Solicitan que se denegue a autorización na situación proposta.

O segundo escrito de alegacións indica deficiencias no sistema de almacenamento de aceite, e que no caso de incendio ou explosión os gases producidos poderían ser daniños para a saúde.

Resultando que despois de dar traslado delas a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a dita compañía, en escritos con entrada o 9-2-1996 contesta que:

Referente ó primeiro escrito:

1 Existen deficiencias formais nos escritos de alegacións dado que aparecen nomes e sinaturas ilexibles, nin enderezo para as notificacións, etc.

2 Que non é necesario realizar estudio de impacto ambiental por non existir regulamentación que o esixa.

3 Que non existen normas de ningún tipo que consideren necesario realizar un estudio de fluxo magnético ou a instalación de apantallamentos, aínda que polo deseño de materiais e tipo a subestación conta con eles.

4 Que as subestacións non se encontran clasificadas dentro do regulamento de actividades moles

tas, insalubres, nocivas e perigosas, e que, en todo caso é unha materia que concirne a outro órgano.

5 A denominación de subterránea corresponde ó tipo e características da proxectada con independencia de que poida ter unha fachada vista, porque os outros tres lados e a parte superior van a menos nivel do terreo circundante.

6 Que a edificabilidade da parcela corresponde ó PXOU e polo tanto é competencia da Administración local.

Respecto ó segundo escrito:

1 Indican o mesmo que no anterior respecto á forma.

2 Que no caso de fuga de SF6 este acumularase no soto de cables onde esiste un extractor, a impulsión do cal se evita que descargue á rede de sumidoiro.

3 Os fosos de recollida de aceite son para conter posibles fugas pero non para almacenar aceite. Existen alarmas por fuga de aceite. Os fosos levan devasas.

4 Existen proteccións para os posibles fallos a prever que desconectan o sistema, e un equipo de detección e extinción de incendios. A subestación está deseñada para este risco.

Ámbolos dous escritos solicitan a desestimación das impugnacións e a autorización da instalación.

Considerando que aínda que poida existir algún defecto de forma nos escritos de alegacións, existe suficiente información para determinar quen son os que alegan, porque o enderezo para notificacións e a data e lugar, que poderían faltar, se repararon no momento do rexistro ó selarse o escrito e, por último, que coinciden en parte os interesados polo que un escrito pode considerarse complementario doutro.

Considerando que a resolución A3-0238/94 do Parlamento Europeo, non ten vixencia legal dentro dos estados membros mentres non se incorpore na súa lexislación, e que nin o Real decreto lexislativo 1302/86, sobre avaliación de impacto ambiental, nin o Real decreto 1131/1988 que aproba o seu regulamento de execución, nin tampouco no Decreto 442/1990, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, nin o Decreto 327/1991, sobre avaliación de efectos ambientais para Galicia, que inclúe as que cada lexislación sectorial faga obrigatorio, mencionan as subestacións entre o tipo de instalacións suxeitas a este tipo de declaración.

Considerando que o regulamento de condicións técnicas e garantías de seguridade de centrais e subestacións e centros de transformación non mencionan a necesidade de realizar estudios de densidade de fluxo magnético.

Considerando que a instalación de subestacións non está incluída dentro do regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas e, en todo caso, é o Concello e a Comisión de Medio

Ambiente quen son os competentes nesa materia.

Considerando que a denominación de subterránea se refire ó proxecto tipo de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., aprobado pola Consellería de Industria, que supón unhas características determinadas que cumpren o regulamento de condicións técnicas e garantías de seguridade de centrais, subestacións e centros de transformación, e polo tanto, con independencia de que a subestación teña só unha fachada aberta á rúa co resto rodeada polo terreo xa existente e cuberta con capa de terra vexetal axardinada, cúmprese a regulamentación existente en canto a esixencias de seguridade ITC MIR RAT 14.

Considerando que a aplicación do PXOU é competencia do concello de Vigo.

Considerando que se cumpre a ITC MIE RAT 18 sobre instalacións baixo envolvente metálica illada con hexafluoruro de xofre (SF6), así como a MIE RAT 14 sobre tratamento de fugas de aceite e sobre sistemas de extinción de incendios e material utilizado.

Considerando que se cumpriron os trámites que ordena o Decreto 2716/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 3275/1982, que aproba o regulamento de condicións técnicas e garantías de seguridade de centrais, subestacións e centros de transformación e a O. 6-7-1984 que aproba súas instruccións técnicas complementarias.

O delegado provincial, de conformidade cos Decretos 1634/1980, artigo 14 e 2617/1966, artigo 11, así como coas demáis disposicións vixentes.

RESOLVEU:

Autorizar administrativamente a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación dunha subestación transformadora a 132/15 kV denominada O Castro, no concello de Vigo.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 13 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2026