Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de febreiro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, ó proxecto de urbanización e apertura da rúa Nova de enlace entre a de Juan Bautista Andrade e A Santiña, promovido mediante iniciativa particular por Prycoga, S.L., e redactado polo arquitecto Miguel López Álvarez, con visado colexial do 21-12-1995.

Segundo.-Someter a información pública o proxecto aprobado e o expediente tramitado, por un prazo de quince días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP, un dos periódicos de maior circulación dela e no taboleiro de anuncios da casa do concello, computándose o período desde a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, notificándose individualmente ós propietarios afectados.

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade de Fomento do concello (Rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 8 de marzo de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral

2174