Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión realizada o día 27 de decembro de 1995, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación do estudio de detalle de Raxó, promovido por Dicsa, S.A., e redactado polo arquitecto Francisco Taracido Fraga e visado polo Colexio de Arquitectos o 8 de novembro de 1994; o que se fai público, de conformidade co disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia urbanismo.

Poio, 8 de febreiro de 1996.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

2146