Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 43/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. dobre ciruíto de Parada a Campo, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Hidroeléctrica de Silleda

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a caseta de medida de Parada ata o C.T. de manobra Campo, concello de Silleda.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., dobre circuíto, a 20 kV, de 17.950 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos.

Orzamento: 52.209.650 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-1485