Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. de Pazos, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente de Pazos, ata o lugar de Pazos, concello de Pazos de Borbén.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: R.B.T., aérea, de 982 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 4.645.864 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 30 de xaneiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-1481